O Proxecto

M.A.N. – Mar Arte Naufraxios

 

M.A.N. (Mar Arte Naufraxios) busca:

Fusionar as artes tanto naturais, como as tradicionais coa intención de recuperar a nosa historia, así como fomentar o amor polo noso patrimonio e pola nosa historia e identidade.

Recuperar a identidade cultural da comunidade para, a partir dese punto, reconstruíla e proxectala no futuro.

A integración da natureza como arte ou a arte como natureza, ese principio do Land Art e que en certo modo simboliza esa Forza natural da Costa da Morte que muda as vidas dos que a visitan e impregna de salitre a quen a habita.

Organizar actividades educativas baseadas en elementos patrimoniais, nas que o patrimonio natural e/ou artístico é un elemento que pon en cuestión as nosas crenzas e nos move a reconstruír o noso pensamento.

Función integradora e inclusiva, promovendo a participación de persoas e colectivos diversos, con especial sensibilidade para aqueles que, en xeral, están excluídos da vida cultural e artística da súa comunidade.

O entendemento da lingua como vehículo do patrimonio cultural inmaterial, regulada pola súa normativa específica as tradicións e á toponimia.

No ámbito do patrimonio, a interpretación e organización de actividades educativas baseadas en elementos patrimoniais, nas que o patrimonio natural e/ou artístico é un elemento que pon en cuestión as nosas crenzas e nos move a reconstruír o noso pensamento.

Recuperar técnicas artesanais tradicionais, actividades e procesos produtivos.

♦ Educar, aplicando a educación no marco educación non formal no campo da cultura que facilita a transferencia de competencias, actitudes e habilidades nxs usuarixs.

Fotografía + LandArt + Refugallo + Música + Cinema + Teatro

EXPOSICIÓN

OBRADOIROS

CINEMA

ESCENA