Obradoiros

EMOCIÓNS E LAND ART
Obradoiros de creación artística nos que
dar renda solta á capacidade creadora a través da expresión artística,
no medio da natureza.
Impartidos por Rebeca Ponte (Colectivo Ribeiro Land Art)
PEGADAS DE MAN
Obradoiros de promoción artística e cultural
realizados polo colectivo Mar de Fábula na súa sede en Camelle para escolares de primaria da Costa da Morte e das cidades (A Coruña e Santiago).
Os obradoiros realízanse coas crebas do mar para desenvolvemento artístico do alumnado.
Impartidos por Virxinia Barros López (Presidenta da Asociación
Mar de Fábula)

















