NAUFRAXIOS

Click here to show project info

NAUFRAXIOS

de aAntena

6 funcións de teatro en enclaves máxicos da Costa da Morte, onde se recupera a orixe do
topónimo e a historia de afundimentos na comarca.

Acción artística multidisciplinar (teatro e música en directo) con recollida antropolóxica (cancións e
temáticas) realizada ao aire libre, nun espazo ou ben patrimonial (as localizacións son faros, praias…)
Neste marco incomparable, os mortos voltan á vida para nos contaren que foi o que lles pasou.

Unha atmósfera onírica apoiada por luz tenue, acordeón en directo, a salitre no ar e a música das ondas como fondo do espectáculo.

Os espectadores asisten a unha sucesión de escenas nun espazo singular, inmersos nos sons naturais e os aromas propios de zonas achegadas ao mar.


Actores: Bernardino Martínez, Antonio Valdivielso, Tamara Mouzo, Alicia Baña

Dramaturxia: Bernardino Martínez

Dirección: Xosé Leis

Música: Klaus Martínez

Produción: aAntena


As representacións tiveron lugar en: Cabana (arredores da Casa do Pendón), Carnota (faro de Lariño), Dumbría (área recreativa da Fervenza do Ézaro), Laxe (praia), Muxía (Santuario da Virxe da Barca e praia de Nemiña).

Fotografías das representacións nos distintos concellos: