Escena

TEATRO: NAUFRAXIOS

Trátase dunha acción artística multidisciplinar (teatro e música en directo) con recollida antropolóxica (cancións e
temáticas) nun espazo ou ben patrimonial (as localizacións serán faros, praias…)
Os mortos voltan á vida para nos contaren que foi o que lles pasou.

Eles viven nun lugar sen tempo, mais saben que ese lugar os ten atrapados.
Os espectadores asisten a unha sucesión de escenas nun espazo singular, inmersos nos sons naturais e os aromas propios
de zonas achegadas ao mar.

CANTOS DE TABERNA

No século pasado, nas tabernas e tascas de toda Galicia reuníanse cuadrillas de amigos que non só tomaban os seus viños, senón que se botaban unha canción de cando en vez. Tanto, que nas escolas
de música considérase un xénero en si mesmo. Hoxe en día, aínda se pode atopar a algún que outro espontáneo.
Acción coordinada por Lupe Blanco. Premio Mellor Regueifeira 2023