PEGADAS DE MAN
Obradoiros de promoción artística e cultural realizados polo colectivo Mar de Fábula
para escolares de primaria da Costa da Morte.
Os obradoiros realízanse coas crebas do mar para desenvolvemento artístico do alumnado,
coa finalidade de conciencialos sobre a reciclaxe e a importancia de darlles unha segunda vida aos obxectos.
Impartidos por Virxinia Barros López (Presidenta da Asociación Mar de Fábula)